Os centros de día reiteran á Xunta que non poden seguir pechados polo "empeoramento das persoas usuarias"
A Plataforma de Centros de Día alerta nunha carta á conselleira de Política Social de que "o empeoramento físico e cognitivo xa é real, puidémolo constatar" e subliña que as medidas paliativas da Xunta non son dabondo. A Federación Galega de Dano Cerebral tamén advirte dunha "emerxencia terapéutica e social" por estender o peche dos centros de día e ocupacionais