Acontece
Coronavirus e a xestión da crise
Xosé Mª Dios Diz
A Xunta deixa en mans de Goberno central e universidades a limitación de movementos do alumnado polo coronavirus
O Goberno galego aínda non fixo oficiais outros anuncios que lanzou o sábado como a reapertura dos mercados de gando ou os permisos para a roza de limpeza de terreos
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
A contratación no Sergas durante a pandemia indigna o persoal máis precario: "Quítache as ganas de todo"
As medidas excepcionais polo coronavirus foron aproveitadas por Sanidade para situar persoal en formación en postos de eventuais con experiencia, que denuncian o empeoramento das xa precarias condicións.
A UE recoñece o modelo urbano de Pontevedra co premio de Seguridade Viaria
A Comisión Europea premia os avances en mobilidade sustentable da cidade e destaca a drástica redución de accidentes de tráfico nun municipio sen falecidos nas estradas nos últimos nove anos.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra só 5 novos casos de coronavirus e ningún ingreso na UCI noutro día de cambios na comunicación dos datos
Trátase do día con menos positivos novos dende o pasado 9 de marzo, igualando o indicador deste sábado. O Ministerio de Sanidade comeza a ofrecer polas tardes a actualización diaria da situación da enfermidade, para recoller os datos ata a medianoite. Pola contra, a Xunta seguirá informando das cifras pola mañá, pero só dos números rexistrados ata as oito da tarde do día anterior.
- Mapa Coronavirus
- Acontece
Tan só o millón de persoas que vive na Galicia máis urbana manterá as franxas horarias para o paseo
Pedro Sánchez anunciou este domingo que se elevará de 5.000 a 10.000 habitantes o nivel a partir do cal se deben respectar as quendas horarias para saír da casa a camiñar ou facer deporte. En Galicia, de manterse o actual criterio que toma como referencia parroquias e núcleos separados, as franxas só afectarían ás zonas urbanas de 23 concellos
Antes mortas que paradas
María Xosé Queizán
- Documento Coronavirus
- Acontece
As visitas a residencias de anciáns serán autorizadas se superan unha enquisa de síntomas de coronavirus
O desconfinamento nas residencias de maiores non comezará ata que Galicia estea na fase 2, o que en principio leva o seu inicio ata o 25 de maio, e implica un notable traballo previo para o persoal dos centros. O plan de reactivación recolle que as residencias poderán acceder a el se non teñen caso ningún de covid-19 e están en concellos con menos de 3 casos novos de coronavirus por cada 5.000 habitantes nos tres días previos
Feijóo coincide con Sánchez en recomendar máscaras “tamén nas rúas”
O presidente segue “valorando” a reapertura das escolas infantís e atribúe ao Goberno central que este luns non poida haber visitas ás residencias de maiores como el mesmo anunciou o venres
Dez diagnósticos novos de coronavirus mentres o Sergas segue comunicando recuperacións de días pasados
As revisións de casos dos dous últimos días fan que a incidencia na área de Ourense, ata agora a máis afectada, se achegue á de Vigo e que a de Santiago, que o venres era a segunda, pase este domingo a ser a cuarta
- Documento Coronavirus
- Acontece
O Goberno central volve flexibilizar o confinamento para territorios en Fase 1 como Galicia
Un BOE extraordinario publicado na tarde deste sábado habilita ás autonomías a reabrir centros de servizos sociais, como dixo Feijóo que quere facer coas residencias pero aínda non cos centros de día, e permite as rebaixas con medidas de control e a caza e a pesca