Longas ringleiras ante os concellos no primeiro día para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, que beneficiará uns 40.000 fogares galegos
Vigo e Ourense rexistraron importantes colas ante as oficinas municipais. Mentres, Santiago habilitou dous puntos de información que xestionarán as 620 citas previas xa concedidas. O delegado do Goberno central, Javier Losada anuncia que cando menos 7.000 fogares "xa percibirán a prestación este mes de xuño"