Acontece
A Xunta apraza a 2021 as oposicións docentes previstas para este mes de xuño
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, anuncia o adiamento das probas a menos de dous meses da súa celebración e logo do clamor de opositores, sindicatos e oposición para que rematase coa "incerteza".
Os novos casos de coronavirus seguen por riba dos cen diarios en Galicia e as persoas na UCI baixan do centenar
Tras a detección de 166 casos novos, o cómputo de positivos activos medra en 118 e queda en 6.534; os falecementos chegan a 475 con nove mortes máis, seis de persoas que viviran en residencias. Polo que sinala como "un erro na transmisión de datos", Sanidade indicou o pasado martes que incorporara 6.780 novas probas PCR cando en realidade eran 1.425 máis
- Entrevista | Sabela Losada (Materfem) Coronavirus
- Acontece
"Pedimos que se confíe máis nas crianzas e nas súas familias, mantivemos unha actitude moi responsable nas últimas semanas"
Entidades como ASEIA ou Maternidades Feministas reaccionaron con críticas ao anuncio do Goberno de limitar as saídas de nenos e nenas ás excepcións xa previstas para as persoas adultas e valoran positivamente a rectificación, pero reclaman medidas menos "adultocéntricas" e que teñan en conta as necesidades e dereitos dos e das menores. Falamos con Sabela Losada Cortizas
- Entrevista | Rosa Cerqueiro (MGSM) Coronavirus
- Acontece
"Cómpre reforzar os servizos de atención primaria e de atención á saúde mental para cando se supere a fase aguda do coronavirus"
O Movemento Galego de Saúde Mental fai un chamamento a reforzar os servizos públicos e a superar a "precariedade" que sofre a atención sanitaria, que deberá dar resposta aos efectos da crise económica provocada pola pandemia. Falamos coa súa voceira, Rosa Cerqueiro.
Esteban
David Lombao
"Covid que te vin", a mensaxe de ánimo lanzada dende o confinamento por un proxecto educativo imprescindible
'Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela' traballa dende hai 23 anos co alumnado do oriente ourensán a prol da igualdade, a innovación educativa e o fomento de materiais lúdico-educativos en galego. Suspendida a súa multitudinaria festa anual polo coronavirus, lanzan un vídeo musical para bailar na casa.
- Datos Coronavirus
- Acontece
As probas diarias de coronavirus duplícanse en Galicia e o número de novos positivos é o maior en dez días
As probas PCR acadan un novo máximo e fan aflorar 169 casos novos; os positivos activos aumentan un 1,91% e chegan aos 6.416 nunha xornada con nove falecementos máis, tres de persoas que viviran en residencias de maiores. O groso dos novos positivos activos concéntrase na área sanitaria máis afectada, a de Ourense
A Xunta aínda obvia o clamor polo aprazamento das oposicións, que une a aspirantes, oposición e sindicatos
A Consellería de Educación mantén as probas para docentes malia que advertira de que só seguirían se o estado de alarma non se prorrogaba máis aló do 11 de abril. O persoal opositor pide pór fin xa á "incerteza".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un cento de novos casos de coronavirus agroma cada día en Galicia, a cuarta parte que en marzo
Nesta segunda quincena de abril, mentres aumentan as probas realizadas, detéctanse en Galicia arredor dun cento de novos casos diarios. A finais de marzo, con menos probas, eran máis de 400 e os novos positivos equivalían a un terzo das PCR realizadas; nos últimos días esa proporción baixa do 3%
O mercado de Ribadeo
Antonio Gregorio
En 1 de cada 2 aulas virtuais realizadas durante o confinamento participa menos da metade do alumnado
Tan só o 20% do profesorado de Primaria e Secundaria afirma que pode interactuar de forma axeitada co seu alumnado, segundo unha enquisa realizada por CIG-Ensino na que participaron 6.352 docentes. Tan só o 5% dos e das entrevistadas valora como "apropiado" o papel da Consellería de Educación na coordinación do traballo de teledocencia.