Acontece
A morte dun home en Santiago, consecuencia máis tráxica dun temporal con case 2.000 incidencias
Un muro do compostelán parque de Bonaval esfarelado pola chuvia e o vento caeu sobre un octoxenario, causándolle a morte. Caídas de árbores e pólas en estradas e asolagamentos en estradas, vivendas e garaxes foron as incidencias máis frecuentes da borrasca Elsa
A Xunta enceréllase en Verín: o Sergas teima en que a escaseza de partos "desencadeou" o peche do paridoiro
O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, volve ao argumento inicial do Goberno galego ao sinalar a baixa natalidade como motivo fundamental da supresión da atención aos partos mentres Feijóo insiste na falta de pediatras.
'Prende!': á procura de mocidade para aprender oficios que "boten raíces" no rural de Lugo
Ata o 9 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para a formación do plan 'Prende!', da Deputación de Lugo e a UE, centrado nos sectores das enerxías renovables, hostalaría e turismo, xestión forestal e mais agricultura e gandaría. Incorporará 60 persoas á formación nestas catro áreas profesionais e, nunha segunda fase, ofrecerá oito meses de experiencia laboral en empresas
...e As Brañas e A Xunqueira volveron inundarse
Galicia volveu sufrir este mércores importantes inundacións. Entre as zonas máis afectadas están As Brañas e A Lagoa (Sada) ou A Xunqueira (Pontevedra). Reclámase atender ao que a toponimia nos di sobre os lugares de construción e tamén "desasfaltar" as zonas urbanas, apostando por solos permeables
- Documento Pola sanidade pública
- Acontece Ourense
Os xinecólogos de Verín: "A Xunta utiliza supostos criterios técnicos para recortar e desmantelar os hospitais comarcais”
O equipo de Xinecoloxía de Verín explica no recurso ao peche do paridoiro os que considera verdadeiros motivos dunha decisión que cren "un paso atrás na calidade de atención ás mulleres" e un pulo á "despoboación do rural". "Centros privados nas cidades tampouco atenden 600 partos anuais, hai que prohibir os partos neles?", preguntan.
- Documento Pola sanidade pública
- Acontece Ourense
O equipo de Xinecoloxía de Verín recorre o peche do paridoiro por ser "ditado por un órgano incompetente"
Os profesionais presentan un recurso de alzada ante a xerencia da área sanitaria ao entender que non ten competencia para suprimir un servizo, medida que asegura que só pode tomar a Consellería de Sanidade.
- Obituario | Camilo de Dios Memoria antifranquista
- Acontece
Morre Camilo de Dios, o derradeiro guerrilleiro galego
Faleceu en Sandiás con 86 anos. Con só 15 botouse ao monte e participou nas accións armadas do maquis, sendo encarcerado un ano despois. Nos anos 60 e 70 participou na reconstrución do Partido Comunista en Galicia e das Comisións Campesiñas, sendo detido e torturado novamente.
O Concello da Coruña intervén temporalmente Nostián para asegurar o servizo de tratamento de lixo
O Goberno local dálle un prazo de tres días á empresa concesionaria Albada para que abandone a súa negativa a tratar os residuos procedentes dos restantes concellos da comarca e anule o ERTE presentado, que afectaba a 40 traballadores. De non facelo, a planta será intervida polo Concello durante 8 meses
A xubilación da derradeira xinecóloga do COF da Coruña reabre o debate sobre o "desmantelamento" destes centros
Se a súa praza non é cuberta, toda a área sanitaria coruñesa (40 concellos) ficaría sen atención á saúde sexual e reprodutiva. Marea Atlántica e Grupo Común da Esquerda denuncian que é "un paso máis na dinámica xeral de precarización dos servizos sanitarios, sobre todo dos que benefician ás mulleres"
A Xunta deixa fóra o ensino do portugués na convocatoria de prazas docentes
Entre as 2.036 prazas docentes anunciadas ningunha é da especialidade de lingua portuguesa. A Lei Paz Andrade, aprobada no 2014, instaba ao Goberno galego a un "aumento constante e regular do número de prazas da especialidade". O colectivo de Docentes de Portugués, A Mesa, Agal e AGLP reclaman a súa inclusión na convocatoria definitiva
O peche do paridoiro de Verín desencadea tres meses de protestas contra o Sergas
A supresión da atención aos partos provoca a convocatoria de varias mobilizacións, incluíndo unha gran marcha en febreiro "contra o desmantelamento dos hospitais comarcais, a deterioración da Atención Primaria e a precariedade laboral".