Acontece
Un ano sen trens de Vigo a Ourense e Porto por obras, con desvíos en bus ata Tui e Valença
Os traballos de mellora de Adif na liña Vigo Guixar-Redondela-Guillarei obrigan a Renfe a facer por estrada parte dos recorridos a partir do 7 de abril
O Estado é condenado por denegar a nacionalidade a unha muller que colaborou co caso Carioca
A muller obtivo permiso de residencia en 2018 a petición da xustiza por axudar a desmantelar a rede de prostitución de Lugo, pero malia levar anos residindo de xeito legal denegáronlle a nacionalidade en 2024, o que agora corrixe a Audiencia Nacional
Residencias e coidados. Os beneficios da deshumanización
Paco Castro
O Sergas volve sinalar o ministerio tras a suspensión de 190.000 actos médicos polas folgas desde decembro
A Xunta chama á "responsabilidade" do persoal sanitario, pero tamén da ministra, para "abrir vías de diálogo e frear" os paros. Sanidade afronta a un tempo tres protestas, dúas delas con demandas que interpelan directamente o Goberno galego.
Iván Ferreiro quere ver a praia de 'Turnedo' baleira... de lixo: apadriña unha limpeza colectiva en Nigrán
O cantante, veciño da zona, colabora coa plataforma de concienciación ambiental We Sustainability que o domingo realiza unha limpeza do areal de Lourido ou Praia América no que se inspirou a histórica canción
Santiago avanza nun parque público de alugueiro coa rehabilitación de edificios abandonados
O Concello vai rehabilitar cinco edificios de propiedade municipal na rúa da Caramoniña, nun dos laterais do Parque de Bonaval. Quérese "dar exemplo como administración pública", destaca o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, que di que a actuación busca “avanzar na creación dun parque municipal de vivenda en alugueiro na cidade histórica.
Máis irregularidades na sanidade concertada en Ourense: a Fiscalía denuncia facturas inchadas
Centro Médico El Carmen e Cosaga volven ao foco tras anos recibindo pacientes desviados polo Sergas sen contrato estable, agora por intervencións maxilofaciais que o primeiro estaría realizando con anestesia local cobrada como xeral
O galego, lingua vital
Xoán Antón Pérez-Lema
"Usurpáronlle o posto por animadversión persoal": o Sergas é condenado por afastar un xefe de servizo
Un xulgado considera que o cesamento debeuse a un "funcionamento anormal moi grave, groseiro, intolerable" e que a actuación da Xunta "non foi razoada nin razoable"
Cobrar IMV ou Risga de máis e non ter que devolver por erro de Estado ou Xunta: cando a xustiza protexe o vulnerable
O TSXG aplica doutrina do Tribunal de Dereitos Humanos que exime de devolver prestacións pagadas indebidamente polo Estado ou a Xunta cando o perceptor actuou de boa fe, mesmo avisando, e presenta vulnerabilidade económica
Milleiros de sinaturas para reclamar o adianto aos 40 anos do cribado do cancro de mama
Hai uns meses á compostelá María Varela foille diagnosticado, con 42 anos, un cancro de mama metastásico en estadio IV. Este xoves entregou no Ministerio de Sanidade 65.000 sinaturas recollidas a través de Change.org para ampliar o mecanismo de detección da doenza: "Se me fixeran probas antes, teríanme detectado o cancro a tempo e quizais tería unha opción de curarme", di.