![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/congresoneg5-7ba884a.jpeg)
Nova Escola Galega: catro décadas de defensa do ensino público e a renovación pedagóxica
Esta fin de semana Nova Escola Galega celebrou no Museo do Pobo Galego o seu 40 aniversario cun programa de actividades que incluíu un congreso, a presentación do relatorio Nova Escola Galega ante o tempo presente da Educación: retos e propostas e a lectura do manifesto O modelo de educación pública que defendemos.