A poboación de Galicia medra en 14 mil persoas nun ano e acada o seu máximo dende o 2015
A poboación galega sitúase nas 2.720.469 habitantes e acumula unha suba de 30 mil nos últimos catro anos. O aumento procede do saldo migratorio extraordinariamente positivo que presenta Galicia. Venezuela e Colombia son os dous países dos que o país recibe máis inmigración.