![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/2023-1-12-foto1-eddf992.jpeg)
Oito persoas acolléronse á Lei de Eutanasia no 2022 en Galicia, con "defectos de funcionamento" dos que DMD culpa á Xunta
A norma leva dous anos en aplicación, un período no que 53 persoas solicitaron acollerse a este dereito, que foi recoñecido en 17 casos no noso país. A asociación Dereito a Morrer Dignamente insta ao Goberno galego a "resolver" as cuestións da súa competencia que "seguen sen resolverse", como a formación dos profesionais ou a realización e rexistro das Instrucións Previas.