Rueda admite que "se están a dar situacións complicadas nas Urxencias"
O presidente pide á cidadanía "tranquilidade" e asegura que "todas as urxencias son atendidas"
O presidente pide á cidadanía "tranquilidade" e asegura que "todas as urxencias son atendidas"
En 2024, último ano con datos oficiais, rexistráronse 5.723 sinistros de tráfico, case un de cada seis dos ocorridos en todo o Estado. En máis do 98% só houbo danos materiais pero a tendencia crecente leva á demanda de accións para a mellora da visibilidade, a instalación de pasos seguros para a fauna ou a colocación de barreiras.
O proxecto industrial de GreenFiber para instalar unha planta de celulosa presentouse como unha aposta pola innovación e a sostibilidade. Non obstante, a súa proposta xerou unha forte controversia social e política, especialmente polo seu impacto ambiental, a opacidade informativa e a falta de alternativas máis sostibles. Neste artigo analízase ese discurso dende unha perspectiva interdisciplinaria, combinando a comunicación crítica coas cuestións ambientais e sociais
Un xuíz non cre que o Álvaro Cunqueiro de Vigo, "cunha capacidade total de case 1.500 camas", non puidese atender unha muller operada alí previamente que acabou derivada a Santiago
O Defensor del Pueblo, que detectou casos por toda Galicia, proporá unha resolución para cada persoa, a Igrexa asumirá o custo e o Estado eximirá fiscalmente as indemnizacións.
"Saturación", "atrasos" e pacientes "amontoados nos corredores". Os servizos de Urxencias dos hospitais de Vigo e da Coruña declaran o "colapso extremo" e critican a "inacción" e "improvisación" da Consellería de Sanidade. "Nunca vimos Urxencias así, nin coa COVID", relatan as traballadoras
Seleccionamos algunhas das principais pezas que publicamos en Praza.gal durante as últimas semanas para que, se queres, poidas poñerlles un ollo agora, sen présa
Tres detidos nos primeiros días do ano en Galicia por violencia machista. Hai unha muller ingresada na UCI pola gravidade das feridas, un caso de presunta agresión sexual e outro de violencia física dentro da parella
Galicia ten o terceiro colectivo de persoas nacidas en Venezuela máis importante do Estado en termos relativos á poboación total, só por detrás de Canarias e Madrid. Hai case dez mil na Coruña, outros tantos en Vigo e máis de cinco mil en Ourense, cidade na que representan o 5% do censo. En Celanova supoñen preto do 12% da poboación do concello.