- 25 de xullo de 1985 40 anos da CRTVG
- Acontece
Nace a TVG: "Estamos facendo Galicia"
No 40º aniversario do nacemento da televisión pública galega, levamos Praza ao 25 de xullo de 1985 para contar unha xornada histórica como o fariamos daquela. Un acontecemento que o que era presidente da Xunta, Fernández Albor, definiu como "un paso transcendental" pola súa "capacidade de dinamización insospeitada á tarefa de creación da nosa patria".