- Datos
- Acontece
Novo récord de fogares galegos sen infancia nin adolescencia
En oito de cada dez fogares non hai ninguén menor de 16 anos. A cuarta parte do total están compostos só por maiores de 65.
En oito de cada dez fogares non hai ninguén menor de 16 anos. A cuarta parte do total están compostos só por maiores de 65.
Escolmamos media ducia das entrevistas máis seguidas e relevantes publicadas por Praza.gal este ano. Palabras que seguen vixentes e poden perdurar
Un total de 42 persoas recibiron a prestación legal de axuda para falecer no noso país dende a entrada en vigor da lei e outros 56 procedementos concluíron coa morte previa da persoa solicitante, denegación ou renuncia. En 2024 finalizaron 34 procesos ao abeiro da norma en Galicia: 16 persoas recibiron a prestación de axuda para morrer; 9 faleceron mentres agardaban
Este venres entra en vigor a Zona de Baixas Emisións (ZBE) da cidade de Ourense, na que non se comezará a sancionar aos vehículos infractores ata xullo do ano que vén. A medida acompáñase da peonalización das rúas Valle Inclán e Arturo Pérez Serantes e de parte da Avenida de Bos Aires, das rúas Cardeal Quevedo, Bedoya e dun lateral do Parque de San Lázaro.
Os xulgados galegos recibiron unha media de 21,8 denuncias diarias por violencia machista entre xullo e setembro, un 1,8% menos que no ano anterior. Porén, xuízas e xuíces apreciaron máis risco para as vítimas e as ordes de protección aprobadas medran un 8,4%. mentres cada vez máis denunciantes ratifican a declaración contra o agresor durante o xuízo. Analizámolo coa axuda de Belén Rubido, xuíza decana de Pontevedra e especializada en casos de violencia sobre a muller.
O calendario da Xunta para as aperturas comerciais en domingos e festivos permite que as grandes superficies abran 55 días seguidos desde finais de novembro ata mediados de xaneiro. O Goberno galego permitirá tamén abrir os vindeiros 25 de xullo e 15 de agosto, decisión que ergueu as protestas do sector. CCOO reclama nunha campaña "tempo para vivir" e convoca folga para eses dous días; o persoal de Alcampo en Santiago vai ao paro este martes.
O Gordo esquiva Galicia pero o resto de premios deixan varios millóns de euros en numerosas localidades, incluído o segundo, que caeu no número que xogaba a empresa Bimba y Lola.