- 🏳️🌈
- Acontece
Máis de dous mil matrimonios entre persoas do mesmo sexo en Galicia tras vinte anos sen prohibición
O Día do Orgullo LGBT+ vén marcado neste 2025 polas alertas ante os discursos de odio, mais tamén polo vixésimo aniversario da reforma legal para o matrimonio igualitario. Ata o remate de 2024 un total de 2.380 parellas de dúas mulleres ou dous homes casaron en Galicia nun contexto ben afastado dos escenarios catastrofistas advertidos hai dúas décadas polas manifestacións contrarias a este dereito