Acontece
Pontevedra recupera o río Gafos, emerxe a memoria soterrada da cidade
O Gafos tivo durante séculos unha importancia fundamentalcomo fonte de auga, forza natural que facía mover numerosos muíños, espazo para lavar a roupa e tamén como zona de xogos. As obras de renaturalización do río Gafos van devolver un río á veciñanza de Pontevedra e novas xeracións van poder gozar del como outras o fixeran durante moito tempo.
Alumnado rural e de 2º da ESO, o máis beneficiado polos programas contra o abandono escolar
O Consello de Contas analiza as políticas que reduciron o abandono escolar en Galicia ata 2021, xusto antes da repunta dos últimos anos, e reflicte que a Xunta deixou sen executar 42 millóns en cinco anos
- Entrevista | Aurora Marco Memoria antifranquista
- Acontece
"Mestras e mestres foron dos máis castigados tras o golpe por 'envelenadores da alma popular'"
O 19 de agosto de 1936 foi fusilada María Vázquez Suárez en Miño. Non lle perdoaron a súa defensa da escola laica, a súa militancia republicana, socialista e a súa actividade sindical. Non lle perdoaron ser mestra. Aurora Marco publica María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo (Alvarellos), un ensaio que percorre a súa vida e detalla a súa detención e, ademais, pon en valor o traballo de mestras e mestres durante a Segunda República.
A UDC retoma o proceso para impartir Medicina despois de que a USC aprace a votación do acordo
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago decidiu non votar o acordo para descentralizar os estudos, ao que chegaron as tres universidades e a Xunta, pero que foi rexeitado pola Facultade de Medicina compostelá. A Universidade da Coruña retoma o seu plan inicial e di que actuou "en todo momento con lealdade ao Sistema Universitario de Galicia"
Medra a intensidade da vaga de gripe, cun 40% máis de consultas en atención primaria
O impacto da gripe segue a aumentar pero, de momento, a súa intensidade segue a ser "baixa" e a súa difusión "espallada". Porén, a intensidade da epidemia achégase ao nivel medio e semella seguir un desenvolvemento semellante ao que tivo hai dous anos, cando o pico chegou a finais de decembro.
A "crítica lexítima contra Israel" non é antisemitismo: exculpado o hosteleiro vigués que expulsou clientes dese país
En xullo un grupo de turistas israelís foi expulsado dun restaurante despois de que comezasen a comportarse de forma inadecuada, nunha discusión que foi subindo de ton e que foi gravada polo propio propietario do local, un vídeo que se viralizou nas redes sociais. Un xulgado de Vigo exculpa o hosteleiro e lembra o "perigo" de utilizar a loita contra o antisemitismo para "silenciar a lexítima crítica contra Israel".
Sarna e escaseza de hixiene e seguridade, entre as denuncias de CCOO na residencia DomusVi en Santiago
O sindicato critica a situación "insalubre e insostible" na residencia de San Lázaro, no que di que a dirección "limita ou demora a derivación de pacientes a centros hospitalarios"
Túneles do Padornelo e Vigo ou estación de Ourense: as obras que prevé Adif con efectos nos trens
A empresa pública vén de actualizar as súas previsións de traballos con efectos sobre o tráfico e que requirirán cortes ou desvíos tanto de pasaxeiros como de mercadorías
Son terrorista. E ti, tamén
Antonio Gregorio
O Sergas rebaixa ao 7% o seguimento da folga na atención primaria
CIG-Saúde cualifica de "positivo" o apoio ao primeiro das tres xornadas de paro. A central nacionalista mantivo a convocatoria, ao igual que O'Mega, que retiraron CSIF, CCOO, UGT e Simega tras un acordo coa Consellería de Sanidade.
CCOO, UGT e CSIF desconvocan a última hora a folga na atención primaria que mantén a CIG
Tres dos catro sindicatos con representación na mesa sectorial deciden suspender o paro previsto este mércores tras un acordo que, din, supón "un avance histórico" que "pon fin a anos de precarización, falta de recursos e ausencia de planificación real". O Sergas comprométese a completar a retirada da categoría FEAP a finais de 2029.