O Consello de Estado volve criticar o Goberno central por incumprir a lei no relativo aos medios comunitarios
É o terceiro pronunciamento deste órgano consultivo sobre esta cuestión. A Lei do Audiovisual, en vigor dende o ano 2010, prevé que o Estado conceda licenzas de emisión ás radios e televisións sen ánimo de lucro.