Acontece
A ría de Arousa mobilízase contra o vertido de 330.000 metros cúbicos de lodos en Sálvora
Os residuos procedentes da dragaxe da Ría de Pontevedra ían ser depositados inicialmente na contorna da Illa de Tambo, pero ante as protestas, o organismo dependente da Consellería do Mar trasladou o problema, espertando a protesta das confrarías e da PDRA
Pontevedra volve acoller en agosto a súa feira taurina, pero reducida a só dous días
En 2015 a feira pasou de 4 a 3 touradas e este ano volve perder unha xornada. Touradas fóra de Pontevedra ve neste novo recorte un indicio da crise da tauromaquia na cidade, que ven "camiño da súa desaparición"
Novas medicións de radon confirman os elevados niveis en Galicia, á espera de medidas de protección
O Laboratorio de Radon supera xa as 4.330 medicións no noso país, que ratifican que unha parte importante do territorio supera os niveis a partir dos que a concentración deste gas pode ser perigosa en espazos pechados. O Goberno central aínda non aprobou as normas que deben garantir a seguridade no interior de inmobles
Un gran número de concellos, incapaces de cubrir as prazas de socorrista por mor das elevadas esixencias da Xunta
A situación repítese todos os veráns dende que o Goberno galego comezou a demandar a realización dun curso de 420 horas (cun custo de 1.400 euros), que reduce o atractivo dos contratos ofrecidos, de dous meses de duración). O pasado ano 49 persoas morreron afogadas
O Recibo de Emafesa: O caso da depuración, as liquidacións e os requirimentos de pago de atrasos
Plataforma Remunicipalizacion Ferrol
Así derrotou Cuac FM á Xunta. Cando o David da radio comunitaria vence a Goliat
Hai ano e medio a asociación de que xestiona a emisora recibiu a ameaza de sanción do Goberno galego. O TSXG, primeiro, e agora o Tribunal Supremo déronlle a razón nunha batalla xudicial que recoñeceu o seu dereito a emitir en FM e que lembrou o incumprimento da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual
O binormativismo infantil: Mais uma resposta a Francisco Castro
Paulo Gamallo
O Parlamento esixe a Abadín que elimine a barreira que impide entrar na súa casa a unha muller en cadeira de rodas
O obstáculo foi creado por unhas obras de asfaltado realizadas polo propio Concello, pero dende entón o Goberno local fixo oídos xordos ás reclamacións da muller, xubilada e cunha discapacidade do 84%. A Valedora esixiu hai uns meses que o alcalde da localidade atendese a súa demanda
O 21% das mulleres reduciron o seu horario laboral para coidar crianzas, fronte ao 3% dos homes
Unha enquisa do INE confirma que as mulleres levan a cabo un maior esforzo para conciliar e amosa que só o 41% dos e das traballadoras galegas poden flexibilizar o seu inicio ou remate de xornada para poder coidar dos seus fillos e fillas.
Outra folga no Sergas: médicos de Primaria convócana para o 19 de xuño en toda Galicia
Representantes de asembleas sanitarias de todo o país deciden convocar un paro nos centros de saúde. Reclaman melloras laborais, máis financiamento, máis persoal ou maior capacidade de decisión e contan co apoio do persoal mobilizado dos PAC ou do colectivo Precarias.
- Entrevista | Juan Lamas Xogos de azar
- Acontece
"A Xunta esquece que concedeu 3.600 máquinas de apostas en bares e aí non vai haber control"
A Xunta deu a coñecer este luns o borrador da futura Lei do Xogo, que foi cualificada como "ambigua" ou "incompleta" por expertos e asociacións veciñais ou de afectados pola ludopatía. Juan Lamas (AGAJA) cre que moitas das medidas introducidas para evitar que xoguen os menores non serán efectivas