O Sergas tivo que pagar 14 millóns de euros en indemnizacións por reclamacións sanitarias dende o 2011
O Consello de Contas alerta do incremento das reclamacións e da súa "xudicialización", que pode levar a practicar unha "medicina defensiva". Entre 2011 e 2016 foron presentadas 1.233 demandas por erros, atrasos, mala praxe e outros motivos.