Acontece
O Consello de Estado volve criticar o Goberno central por incumprir a lei no relativo aos medios comunitarios
É o terceiro pronunciamento deste órgano consultivo sobre esta cuestión. A Lei do Audiovisual, en vigor dende o ano 2010, prevé que o Estado conceda licenzas de emisión ás radios e televisións sen ánimo de lucro.
Analizan como “varamento masivo” a aparición simultánea de catro golfiños comúns en praias da ría de Arousa
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) investiga os varamentos como “o final dun proceso que hai moito tempo que deu comezo”
Ter un bebé en Galicia (capítulo 1): Benvido, pero non moito
O devalo demográfico é un dos principais problemas do país e as administracións publicitan todo tipo de facilidades. Durante as cinco fins de semana de agosto contamos os trámites, trabas e dúbidas a que se enfronta unha familia acabada de nacer na súa relación coas administracións. No primeiro capítulo, as axudas ao nacemento.
Pontevedra ten unha cita coa súa historia
Borxa González Castro
A Rede Galega pola Igualdade cre que a 'xuíza do tarot' está "incapacitada" para dirixir o Xulgado de Violencia de Xénero
A entidade remitiu un escrito ao Consello Xeral do Poder Xudicial reclamando o cese da maxistrada, que o pasado mes de maio foi designada como responsable do tribunal especializado da Coruña, un dos dous existentes en Galicia. En 2008 foi sancionada por opoñerse á Lei de Violencia de Xénero
Suspenden a festa no prostíbulo que ofrecía churrasco gratis servido por camareiras en topless
O Club Montparnasse acumula dúas condenas por trata de persoas e por non dar de alta na Seguridade Social ás súas traballadoras. Este venres inauguraba unha nova área de chillout nas súas instalacións cun evento promocionado nos medios de comunicación. A alcaldesa da vila afirmara que o Concello faría "todo o posible" por impedila
- Interactivo
- Acontece
Só sete concellos tiveron máis nacementos que mortes o pasado ano
Ames, O Porriño, Arteixo, Poio, Salceda de Caselas, Oroso e Barbadás son as únicas localidades cun saldo vexetativo positivo, mentres que en 2008 eran 46. O pasado ano non naceron nenos ou nenas en 10 concellos e noutros 12 só houbo unha inscrición
A Deputación de Pontevedra leva a Xunta ante a xustiza para que rehabilite o Pazo de Lourizán
O pleno do ente provincial aprobou a interposición dun recurso contencioso-administrativo para que o Goberno galego "cumpra coas súas obrigas"
A trata de persoas, unha escravitude ao noso carón
Raquel Bernárdez
Catro mortes na última semana alertan sobre o incremento de anciáns que viven sós, 129 mil en Galicia
Nos últimos días foron descubertos en Compostela, Viveiro, Ferrol e Ourense os corpos de catro persoas maiores que vivían soas. O número de galegos e galegas de máis de 65 anos que viven sós medrou un 16% nos últimos cinco anos.
A chegada de Uber á Coruña reabre o debate sobre os vehículos VTC en Galicia
A multinacional estadounidense únese a Cabify, que xa opera na cidade herculina dende o pasado ano. En Galicia hai 300 vehículos con licenza VTC, que non poden recoller clientes na rúa, pero que si se poden valer de apps para a contratación inmediata de servizos