Acontece
11 novos institutos súmanse ao programa 'Suprime o control' de loita contra o machismo na adolescencia
Nesta nova fase da iniciativa promovida pola Deputación da Coruña participan once centros de ensino de Ortegal, Ferrol e Eume, que levarán a cabo obradoiros, concursos, sesións formativas e encontros con familias. Así mesmo, funciona unha asesoría whatsapp para responder dúbidas
A Coruña e Vigo superaron os niveis máximos de contaminación no aire os catro últimos días
Santiago, Pontevedra e Ferrol tamén superaron os límites legais dous días e Lugo e Ourense estiveron a piques de facelo. A situación anticiclónica e a chegada de po procedente do Sáhara están a empeorar a calidade do aire e Ecoloxistas en Acción pide que as cidades adopten medidas para reducir o tráfico motorizado.
Holocausto e Franquismo
Francisco Xavier Redondo Abal
As mulleres con endometriose alertan das crecentes listas de espera en Xinecoloxía no Clínico de Santiago
QuerEndo denuncia que a falta de profesionais e a carencia de consultas específicas están a provocar que citas que deberían ser dadas para maio de 2019 se atrasen ata marzo de 2020. Reclaman que se cree este servizo no hospital compostelán e no Lucus Augusti
Té con Gotas: a ollada galega do Reino Unido e da nova emigración
Miguel Rodríguez e Duarte Romero dirixen desde Londres un podcast de ideas, debate e análise da realidade británica con achegas e entrevistas de galegos e galegas emigrados. "Hai xunha xeración moi talentosa, formada en Galiza, e que está a crear valor e riqueza aquí”, destacan.
- Entrevista | Susana Pedreira 8M 2019
- Acontece Pontevedra
"Un xornalismo que só ten a visión dos homes é un xornalismo torto"
O 1 e 2 de marzo Pontevedra acollerá a segunda edición do encontro de mulleres columnistas As mulleres que opinan son perigosas. Falamos cunha das súas organizadoras, Susana Pedreira, sobre os factores que levan a que as sinaturas femininas sigan sendo minoría nas seccións de opinión
O TSXG anula a orde da CRTVG aos seus redactores para que tamén editasen vídeo
O tribunal anula a decisión unilateral pola que a redacción asumía tamén o labor de edición básica ao "ser unha modificación substancial das súas condicións de traballo" e ir contra o Estatuto dos Traballadores. Defende A Galega pide a marcha do director xeral no 40º venres negro
- Entrevista | Maite Peña
- Acontece
"Coa enfermaría escolar nenos e nenas estarían máis coidados e cunha mellor educación en saúde"
Hai uns meses rexistrouse no Parlamento unha proposta para regular a figura da Enfermaría Escolar e dotar os centros de ensino galegos dos recursos suficiente para contar de forma permanente con estes e estas profesionais. A iniciativa leva recollidas máis de 10.000 sinaturas
O plan do Sergas para a Atención Primaria non evita o malestar profesional e "referenda" a posible folga
O Sergas ve no borrador de mellora presentado este mércores unha "base sólida" que profesionais e colectivos médicos consideran "inconcreto" e unha "manobra de distracción" para "dividir o movemento de rebeldía" entre o persoal
A falta de opcións en Bacharelato obriga a moitos estudantes a cursar Relixión aínda que non queiran
Se o alumno ou alumna quere cursar unha materia de 3 horas e outra de 2, terá que escoller obrigatoriamente Relixión, única materia cunha carga horaria dunha hora á semana.
O hospital da Coruña bate outra marca e supera o seu maior número de transplantes nun ano
O hospital da Coruña realizou 261 transplantes en 2018, a maior cifra da súa historia, e mantense entre os centros do Estado con mellores números. Desde o primeiro, en 1981, supera xa os 6.000.