Unha ponte colgante sobre o Miño para peóns e bicicletas unirá As Neves e Monção
A instalación sería realizada entre o Miradoiro de San Francisco, preto de Porto Maior, e a freguesía da Bela, na parte lusa. Ademais, serviría para conectar o Sendeiro dos Pescadores que vén de Arbo coa Ecopista que vai ata Caminha.