![](https://praza.gal/media/cache/opinion_article_author_thumbnail/uploads/nova-imagem-904033a.jpeg)
Ciencia e tecnoloxía
Ninguén quere as 9.000 cintas de vídeo “obsoletas” que tentou vender a TVG, que agora convoca unha poxa á baixa
A corporación, que antes aspiraba a lograr cando menos 71.000 euros por elas, está disposta agora a entregalas cun desconto de ata o 80% do prezo inicial
Investigadores da USC advirten de que as reforestacións masivas sen xestión axeitada incrementan o risco de incendio
Nun estudo alertan da excesiva plantación de árbores en áreas con tendencia a contar con condicións climáticas máis secas e da escolla de especies de crecemento rápido. Apostan pola diversificación de hábitats ou a recuperación de zonas húmidas e de pastos, destacando que as prácticas e paisaxes tradicionais son máis resistentes ao lume
A TVG intenta vender 9.000 cintas de vídeo que lle “quedaron obsoletas” tras a dixitalización dos seus sistemas
A corporación agarda obter cando menos 71.000 euros na poxa que vén de convocar para desfacerse dun material que pode ser adquirido por partes. A metade das cintas que conserva a TVG no seu arquivo, "o activo máis valioso da CRTVG", están en formato DVCPro polo que aínda mantén magnetoscopios para reproducilas e dixitalizalas
Persoal investigador mobilízase en Compostela contra a reforma da Lei de Ciencia que "perpetúa a precariedade"
Colectivos de todo o Estado levaron a cabo concentracións de protesta vestidos con prendas vermellas. A Praza do Obradoiro acolleu a mobilización galega, onde entidades como Investigal alertaron de que o proxecto "non garante a estabilización do persoal investigador nin o pleno dereito laboral desde o comezo da súas carreiras"
- Entrevista | Isaac González
- Ciencia e tecnoloxía
"Agora.gal aspira a ser a porta de entrada á Internet en galego"
Este domingo nace Agora.gal, un medio de medios que selecciona e organiza contidos publicados en galego por outras webs, servindo de guía para a navegación nunha rede cada vez máis inabarcable e buscando o "reforzo da comunidade dixital galega". Falamos cun dos seus impulsores.
Un videoxogo de dous estudantes da UDC recrea as 'Cantigas de Santa María' de Afonso X
A produción, realizada por dous alumnos da Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol, gañou a game jam 'Afonso X e Galicia' convocada polo Consello da Cultura Galega e máis pola Asociación Galega do Videoxogo. O xurado destacou a "coidada" ambientación musical e visual e os seus toques humorísticos
- Entrevista | Sonia Villapol Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"Moitas persoas que sofren COVID persistente desesperan por respostas despois de que os médicos desbotasen as súas preocupacións"
Un gran parte dos e das pacientes que superaron a enfermidade seguen sufrindo meses despois numerosos síntomas que van dende fatiga e dor de cabeza ata problemas respiratorios e neurolóxicos. O seu seguimento e tratamento é un dos grandes retos do sistema sanitario nos vindeiros anos. Falamos con Sonia Villapol, que dende os Estados Unidos investiga estes efectos.
Que inventen eles!
María Xosé QueizánOs resultados dun experimento do CERN con participación galega cuestionan o Modelo Estándar de física de partículas
Os resultados céntranse na posible violación da universalidade do "sabor" do leptón (unha das partículas elementais) que, de confirmarse, requiriría un novo proceso físico, como a existencia de novas partículas ou novas interaccións fundamentais. O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías colabora activamente no experimento LHCb, no que se realizaron as medicións.
A lei promovida polo BNG para a igualdade entre homes e mulleres na investigación acada o apoio de todo o Parlamento
PP, BNG e PSdeG aproban o inicio da tramitación da Lei Ángeles Alvariño, que recolle as demandas expresadas polo persoal científico a través de Investigal. O obxectivo é que as mulleres investigadoras non teñan que “elixir entre ser nais ou científicas”.
- Entrevista | Margarita Poza Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"Nin sequera nós sabiamos que tiñamos esta capacidade de adiantarnos aos brotes. Pero xa pasou catro veces"
Falamos con Margarita Poza, profesora da UDC e coordinadora de Covid Bens, que analiza a presenza do SARS-CoV-2 nas augas residuais da Coruña e que nunhas semanas comezará a ofrecer información sobre a prevalencia das distintas variantes. O seu modelo advirte xa un novo increento da presenza do virus na cidade