Ciencia e tecnoloxía
O Galiverso: un paseo polas rúas do vello Portomarín asolagado baixo o encoro de Belesar
Dende este martes pode visitarse na Cidade da Cultura esta instalación, que permite facer unha viaxe virtual á vila desaparecida grazas ás 40 mil fotografías que un veciño realizou xusto antes do asolagamento.
Cansei de ser o produto
Antonio Gregorio
Pontón comprométese a impulsar un 'Pacto Galego pola ciencia' se é elixida presidenta
O BNG propón "impulsar a I+D+i como panca de desenvolvemento social, económico e cultural", poñer en marcha o INNOGAL, reter o talento investigador e destinar á ciencia e innovación o equivalente ao 2,5% do PIB de aquí a 2030
PradoRua e Toxío buscan nos institutos novas xeracións de creadoras de contidos en galego en Internet
No marco da sétima edición de Youtubeiras, cuxo prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de novembro, dúas das creadoras máis recoñecidas do momento no país, María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, están a manter encontros co alumnado de institutos nunha xira de obradoiros que nunha primeira quenda visita centros educativos de Pontevedra, Moaña e Santiago.
O Foro da Industria Galega do Audiovisual debate na Coruña o impacto da Intelixencia Artificial, que xera "incerteza no sector"
O encontro organizado pola Academia Galega do Audiovisual, inaugurado este xoves na Cidade das TIC, reúne expertos internacionais para "abordar os desafíos e oportunidades" da intelixencia artificial para o sector, analizando como esta tecnoloxía está a revolucionar a creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais
A catedrática de Intelixencia Artificial Amparo Alonso, coordinadora do premio Stephen Hawking para os institutos galegos
O certame organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago ten como obxectivo difundir a cultura científica e estimular a vocación investigadora entre o alumnado de Bacharelato
'Florespiña', a homenaxe a Ana Kiro, terceira na Eurovisión da intelixencia artificial malia gañar o voto do público
O tema do colectivo PAMP! foi o preferido no voto popular na cuarta edición do AI Song Contest, que celebrou a súa gala final na Coruña.
Dous dos cerebros da lei dixital da UE explican por que X ou TikTok van ter máis difícil enganarnos
O galego Alberto Pena Fernández, xefe de Unidade do Centro Europeo para a Transparencia Algorítmica, e Irene Roche Laguna, xefa de unidade adxunta da UE da coordinación e cumprimento da DSA, debullan unha norma que busca rematar co Salvaxe Oeste dixital
A Galipedia chega aos 200 mil artigos no 20 aniversario da enciclopedia libre en galego
O dato sitúa o galego como a 53ª lingua con máis entradas na Wikipedia. A Asociación de amigas e amigos da Galipedia e do coñecemento libre (A3GAL) celebra o fito, salienta a "calidade" dos textos e "o importante papel a prol da normalización do galego" da ferramenta, pero advirte de que a Galipedia se enfronta "á dificultade de conseguir máis persoas que colaboren co proxecto para poder seguir medrando"
Unha xeración de retardo (ao menos!). Unha imaxe de estado
Antonio Gregorio
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía
O misterioso ocaso da gaivota patiamarela nas costas galegas
Pode ser a gaivota unha especie ameazada, vulnerable ou incluso en perigo de extinción en Galicia? Se continúa a tendencia dos últimos anos, a resposta é si. A gaivota patiamarela, a propia de Galicia, está morrendo e ninguén sabe as causas a ciencia certa. A caída poboacional no noso país achégase ao 10% anual, que é o límite oficial para alarmarse. No Parque Nacional das Illas Atlánticas o descenso foi de case o 80% nos últimos 20 anos ao pasar de 30.000 parellas reprodutoras en 2006 a 6.360 en 2022.