
Descobren en Moaña a 'ermeloíta', un mineral descoñecido ata agora no mundo
Investigadores da USC acharon no monte Ermelo do Morrazo o novo material, que vén de ser oficialmente recoñecido pola International Mineralogical Association como nova especie. Trátase do cuarto mineral que se descobre en territorio galego na historia, despois dos achados da morenosita, a cervantina e a bolivarita, todos eles a mediados do século XIX.