Físicos galegos do CERN afondan na explicación de por que hai máis materia que antimateria no universo
O equipo LHCb do Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) vén de dar a coñecer "resultados sen precedentes" sobre o fenómeno da violación da simetría CP (paridade de carga). Neste traballo participa persoal investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta.