O ciberataque á CRTVG expón datos sensibles a redes criminais globais
Un ataque informático inhabilitou boa parte dos servizos dos medios públicos durante días e 'secuestrou' información persoal de traballadores agora exposta.
Un ataque informático inhabilitou boa parte dos servizos dos medios públicos durante días e 'secuestrou' información persoal de traballadores agora exposta.
A choiva de estrelas fugaces terá o seu momento álxido esta fin de semana, na noite do 12 ao 13 de agosto, favorecida pola fase lunar, que estará entre minguante e nova. As Perseidas non son outra cousa que diminutos fragmentos do cometa Swift-Tuttle, que cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso
Un veciño de Moaña acha os primeiros exemplares en Galicia de 'aedes albopictus' a través da aplicación 'Mosquito Alert'. Este mosquito é potencial transmisor de virus como dengue, chikungunya ou Zika, subliña Sanidade, e por iso require vixilancia. Recomenda "boa hixiene persoal", uso de repelentes e evitar recipientes con auga estancada "durante máis dunha semana"
Os traballos do colectivo Romanarmy desenvolveranse ao longo de toda esta semana e o sábado 29 haberá unha visita guiada aberta ao público, de carácter gratuíto. Os investigadores destacan que o de Santa Baia "é un caso unico", pois os campamentos romanos adoitaban ocupar os castros, non construírse ao seu redor.
Sonia Villapol (A Pastoriza, 1977), neurocientífica e xefa de laboratorio do Centro Médico de Texas, vén de publicar Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (Xerais), unha obra de divulgación que repasa tres anos de loita científica contra a COVID.
O concurso de vídeos didácticos organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC busca promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas
Na súa investigación, Martín Senande Rivera constatou o aumento significativo na velocidade de propagación do lume por causa da redución da humidade dos combustibles asociada ao aumento da temperatura. Alerta, así mesmo, de que o número de días con risco de piroconvección profunda -que poden provocar unha expansión errática dos incendios- podería aumentar significativamente no sur de Europa
O BNG asinou este mércores un documento impulsado pola Coordinadora Marea Roja de Investigación e que tamén apoian PP, PSOE e Sumar e os principais sindicatos. As entidades galegas InvestiGal, Asemblea de Investigadoras de Compostela e APIUVigo impulsan igualmente o texto.
A cidade herculina consolida a súa posición destacada no campo da IA despois de conseguir ser designada como sede da AESIA. O IA Song Contest celebrarase o 4 de novembro acompañado dunha xornada de debate. O proxecto gañador coñecerase nun programa de televisión en directo no que a cultura galega "estará moi presente".
O Laboratorio de Radon de Galicia, dependente da USC, levou a cabo máis de seis mil medicións en inmobles galegos. Ourense é a provincia máis afectada cun 23,2% de fogares que superan o límite establecido, seguida de Pontevedra, co 21%