A Xunta lanza, só para dispositivos Apple, a app PassCovid que axuda ao rastrexo do coronavirus
A aplicación, que complementa a RadarCovid, está dispoñible para a súa descarga dende o sábado, pero aínda non para Android. A ferramenta comunica directamente ao usuario ou usuaria se deu positivo nunha proba ou foi identificada como contacto estreito e permite enviar directamente ao Sergas os datos sobre os contactos estreitos de cada persoa ou os locais nos que estivo.