Alberto Gracia: "A Movida foi unha resposta, que deixou moitas baixas, ao sen sentido da Transición"
Cineuropa presentou Cuna de músicos, de Pablo Vázquez e Denís Carballás, La estrella errante, de Alberto Gracia e o adianto de 9 fugas, de Fon Cortizo. Tres filmes unidos polo escenario no que se desenvolven -Vigo na primeira e un non-lugar en ruínas que podería ser Vigo ou Ferrol no caso da segunda e a terceira- e pola música como fío condutor.