
A tradución ao inglés de 'Cantares gallegos', no mercado anglosaxón a finais de ano
A editorial Small Station Press, nunha coedición coa Xunta de Galicia, publicará a tradución baixo o título Galician Songs. “É a primeira vez que se publica en inglés un libro completo de poesía de Rosalía de Castro”, asegura o editor Jonathan Dunne.