Cultura
'O Apóstolo' triunfa nos Mestre Mateo cun audiovisual "que loita por saír adiante"
O presidente da Academia Galega do Audiovisual reivindica a capacidade do sector para xerar riqueza nunha gala con chiscadelas reivindicativas na que o Xabarín Club levou o premio de honra
Propoñen darlle o nome de Juan Compañel á biblioteca municipal de Vigo
O Colectivo Cultural A Nave das Ideas quere deste xeito homenaxear o editor e impresor de Cantares gallegos, obra da que se celebran os 150 anos da súa publicación.
Impulsan un manifesto en defensa das editoras en galego
Está circulando pola rede un manifesto en defensa das editoras en galego impulsado por Héitor Picallo, que recolle sinaturas de apoio até este xoves. O texto lembra o peche recente d'A Nosa Terra e alerta sobre novas desaparicións de selos históricos.
Alonso Montero ofrece unha lista de consenso con el como presidente da RAG
O académico presenta oficialmente a súa candidatura á Academia e insta a Manuel González a propoñer dous nomes para completar o seu equipo directivo.
Chega o tempo da verbena... e galega!
Verbena galega é un proxecto de Culturactiva SCG para "galeguizar" as festas. A oferta inclúe un tráiler, un grupo de música tradicional, un de "pachanga" e un picadiscos para o remate da festa. Grupos como Pandeiromus, A Compañía do Ruído ou O Sonoro Maxín forman parte do cartel.
Sobre o humorismo galego
Armando Requeixo analiza o libro de Félix Caballero, O humor galego alén da retranca, que percorre elementos como a súa definición, a súa concreción galega, a influencia que sobre do noso humorismo está a ter a globalización, a presenza do humorístico na TVG
A Semana Galega de Filosofía reivindica a importancia da memoria
A Aula Castelao abre este luns a trixésima edición da Semana de Filosofía, que se desenvolverá até o venres. Esta convocatoria xirará ao redor do eixo temático Filosofía e Memoria
Por que Rosalía dixo que non volvería escribir en galego?
Montse Dopico consulta con investigadores e expertas na obra de Rosalía as distintas explicacións que se propoñen para entender as razóns polas que a poeta decidiu nun momento dado deixar de publicar en lingua galega.
"Ponse a natureza como escusa para non mudar as cousas. Pero os humanos fabricamos a sociedade"
Tomar distancia. Reenfocar a mirada para observar os humanos desde fóra de si mesmos. É o camiño que a escritora Estíbaliz Espinosa emprendeu no seu primeiro poemario individual. E dese mesmo abraio polo texto, pola páxina, arranca o seu novo libro: Papel a punto de.
Máis que Piñeiro
Xulio Ríos
'A noite branca', entre a historia e a literatura
Dolores Vilavedra analiza a última novela de Francisco Fernández Naval, que percorre a experiencia dos voluntarios galegos na División Azul nun documentado volume que publicou Xerais.