A Academia celebra a profundidade e o compromiso de Luísa Villalta e chama a "deseñar un novo horizonte para a lingua"
O acto central do Día das Letras, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, contou coas intervencións de Ana Romaní, Margarita Ledo, Euloxio R. Ruibal e Víctor Freixanes, presidente da RAG, que reivindicaron a condición de Luísa Villalta de "intelectual en toda a súa amplitude", unha autora “que se transforma e nos transforma” dende o “profundo e esixente edificio literario” que construíu, como subliñou Romaní