O maratón volve a Galicia no día do derbi
A mítica proba celebrarase na Coruña este domingo logo de varios anos sen ningunha no país. Máis de 1.300 corredores están xa inscritos.
A mítica proba celebrarase na Coruña este domingo logo de varios anos sen ningunha no país. Máis de 1.300 corredores están xa inscritos.
Un grupo de alumnos da Facultade de Xornalismo de Santiago elabora un vídeo humorístico no que converten uns peculiares Romeo e Xulieta en seareiros de Deportivo e do Celta co obxectivo de promover "unha rivalidade sá e entre amigos"
Vilalba, na Terra Cha, é a sede das dúas peñas decanas do Deportivo e do Celta. Os presidentes de ambas as dúas agrupacións, amigos e compañeiros, reúnense para falar do derbi, dan exemplo dunha rivalidade ben entendida e soñan "cunha festa conxunta" para celebrar o ascenso dos dous equipos. Renegan da violencia e dos "energúmenos" e reclaman aos políticos e aos clubs "que se impliquen para fomentar a concordia e non o contrario".
Máis de setenta xornalistas galegos promoven unha obra solidaria que reúne relatos sobre o partido de rivalidade entre os dous grandes equipos de Galicia. Os beneficios irán destinados á Fundación Andrea.
Vicente Celeiro (Vilalba, 1962) recoñécese “un caso atípico” ao non poder elixir entre o branquiazul e o celeste. Ex xogador do Deportivo e do Celta nos anos 80, declárase afeccionado dos dous grandes galegos, pero vive a rivalidade na súa propia casa. O seu fillo maior, coruñés, é "celtarra de todo", o pequeno, vigués, é un orgulloso deportivista.
José Antonio Hermida (Puigcerdá, 1978) é outra das bazas galegas para Londres 2012. “Falo galego e meus pais son galegos”, xustifica este ciclista de montaña nado e criado en Cataluña. Campión europeo e do mundo de campo a través en varias ocasións, a última en 2010, xa coñece o que é a gloria olímpica logo de obter a medalla de prata en Atenas hai oito anos. Agora, afronta os seus cuartos Xogos Olímpicos co obxectivo de poñer un broche de ouro á súa prolífica carreira e celebrar de novo un triunfo simulando un pistoleiro. De aí lle vén o alcume a Pepiño Pistolas, que responde á entrevista en galego, pero que podería elixir. Fala seis idiomas.
Mentres que Dépor e Celta afianzaron, sobre todo os primeiros, as súas opcións de ascenso á liga BBVA, outros clubes galegos, noutras categorías e competicións, mantiveron unha semana máis outras loitas máis modestas. Foi o caso de Montañeiros e Celta B, que empataron no derbi que os enfrontou e que os mantén en postos de perigo na Segunda B. Ou tamén a pelexa de Ourense, Cerceda, Racing Vilalbés ou Pontevedra por ascender a esa categoría.
O equipo máis popular do país máis futboleiro do mundo cumpre cen anos. O Flamengo, que presume de ter máis de 40 millóns de seareiros no Brasil, celebra o seu centenario lembrando mitos como Zagallo, Júnior, Leónidas ou Zico. Pero tamén recordando a un galego de Pontevedra que conta cun lugar reservado na historia do Fla: José Armando Ufarte, o Espanhol para a afección brasileira.