Notable en fútbol e básquet, aprobado en fútbol-sala, suspenso en balonmán
Xornada dispar para os equipos galegos en todas as competicións. Dépor e Celta mantéñense primeiro e segundo grazas á espectacular remontada dos celestes. Montañeiros e Celta B achéganse un pouco á salvación coas súas vitorias, mentres que o Lugo mantén a súa traxectoria irregular na segunda volta. No básquet, vitorias de Obradoiro, Breogán e Ourense. Mala xornada no balonmán, con derrotas dos galegos.