Economía
Galicia seguirá exportando enerxía tras o peche de Meirama
Os 2.600 GWh producidos pola central térmica, que pechará no 2020, serán compensados case na súa totalidade polo previsto incremento da xeración eólica. Cada ano entre 6.000 e 13.000 GWh son transferidos a outras comunidades autónomas. As enerxías renovables están preto de cubrir a demanda interna galega
- Interactivo
- Economía
A fenda de ingresos entre barrios supera os 16.000 euros na Coruña e os 10.000 en Vigo
A Axencia Tributaria divulga os datos das rendas por barrios das cidades máis poboadas. Segundo os datos de Facenda a renda media máis alta entre os barrios da Coruña e Vigo sitúase na área coruñesa de Juan Flórez, o 15004, cuns 35.400 euros anuais
Galicia busca retomar o tren das enerxías renovables despois de anos de bloqueo político
Este ano deben entrar en funcionamento 34 novos parques eólicos, que achegarán uns 700 megavatios á actual potencia instalada, que leva unha década estancada. En 2017 a porcentaxe de enerxía producida no país por fontes renovables caeu ao seu mínimo dende o 2005
A térmica de Meirama pecha tras 40 anos como símbolo de loita, industria e contaminación
Naturgy anuncia a fin da central de carbón ubicada en Cerceda, impulsada ao abeiro da mina que asolou As Encrobas e provocou a súa icónica revolta, polo industrial de toda unha comarca e unha das principais emisoras de gases de invernadoiro en Galicia.
Naturgy confirma ao Estado que non vai cumprir a normativa ambiental e pechará a térmica de Meirama
A antiga Gas Natural Fenosa pídelle ao Goberno central autorización para pechar a instalación de Cerceda tras non realizar os investimentos necesarios para cumprir cos requisitos medioambientais da UE. Propón un investimento de 80 millóns e a creación dun novo parque eólico.
A loita en Alcoa mantén o emprego ata o verán e abre a porta a alternativas industriais e laborais
O preacordo prevé manter a actividade ata o 30 de xuño, prazo no que as administracións buscarán un investidor ou proxectos alternativos. No caso de non habelos, a empresa --que investirá 40 millóns nas fábricas se chega un comprador-- di dar solución a máis da metade do persoal. O Goberno non garante o mantemento do 100% dos postos.
Unha marcha clama contra o peche de Alcoa e pide ao Estado "valentía" e "un paso á fronte"
Unhas 3.500 persoas maniféstanse contra as intencións da multinacional. Os traballadores piden a Pedro Sánchez que deixe "o postureo" e actúe xa, coa intervención ou a busca dun investidor, a só úns días de cumprirse o prazo que deu a empresa para aceptar a súa última oferta.
- Entrevista | Francisco López (Craega)
- Economía
"Non é necesario marchar de camareiro a Londres, hai moito futuro na produción ecolóxica"
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia é o gañador do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que destacou o seu labor na "implantación de mocidade no mundo rural". O sector aumentou un 42% a súa facturación o pasado ano. Falamos co seu presidente, Francisco López Valladares
- Entrevista | Damián Copena
- Economía
"Pode desenvolverse a mesma potencia eólica pero con maiores impactos positivos nas zonas rurais"
Vén de nacer o Observatorio Eólico de Galicia, que realizará análises de do sector e ofrecerá asesoramento gratuíto aos propietarios e ás comunidades locais para favorecer o incremento das rendas derivadas desta eólica. Falamos con Damián Copena
Alcoa propón despedir o 70% do persoal e seis meses para atopar unha alternativa ao peche
Os traballadores rexeitan un plan que inclúe prexubilacións, maiores indemnizacións das previstas e algunhas recolocacións por non contemplar proxecto viable ningún para manter a actividade e o emprego.
Alcoa, entre a chantaxe da paralización e as facilidades da reforma laboral para pechar as fábricas
A multinacional ofrece só parar de forma ordenada a electrólise nas plantas e evitar a detención total da actividade, que imposibilitaría calquera venda. A empresa non retira o ERE, facilitado pola reforma laboral de Rajoy, que permite aplicalo sen o visto e prace da autoridade laboral.