Abanca ofrece "produtos financeiros gancho" ao devolver as cláusulas solo
A circular dun responsable da entidade aos traballadores insta a "aproveitar oportunidades comerciais" no proceso extraxudicial impulsado polo Goberno central para a devolución do cobrado de máis aos clientes por parte dos bancos, que empezan aos poucos a reintegrar os cartos.