Economía
O regreso das pantasmas financeiras
Xesús VeigaA bancocracia, a ditadura dos bancos
Manoel BarbeitosO Goberno do PP recúa e ábrese á participación pública na eólica trece anos despois de renegar dela
Alfonso Rueda anuncia a creación dunha empresa público-privada para "promover proxectos de enerxía renovables" logo de que a Xunta de Feijóo as vetase e basease a anulación do concurso do Goberno de PSdeG e BNG no "atentado contra a liberdade de empresa" que supoñía a entrada da Administración no capital dos parques eólicos.
O Tribunal Superior di que Monbus e Alsa se repartiron o concurso da Xunta para renovar as liñas de bus e ordena sancionalas
Competencia da Xunta arquivou unha denuncia de posible amaño sen sequera investigala pero o TSXG di que hai “máis que unha fundada sospeita” de que as empresas pactaron para ter “unha posición dominante, senón excluínte” do sector
Agromuralla reclama contratos lácteos de 60 céntimos por litro ante a suba do 292% nos fertilizantes ou do 31% nos pensos
A asociación de gandeiros recomenda aos seus socios que non asinen contratos de venda de leite por baixo dese prezo, nun momento no que están a piques de renovarse moitos acordos. O SLG denuncia que parte da industria está a ofrecer contratos á baixa e pide ás administracións que interveñan para impedir contratos por debaixo dos custos de produción
O Consello Económico e Social chama a aproveitar o "potencial" de Galicia para "liderar" o sector das enerxías renovables
O documento aprobado este mércores sen votos en contra, quere "servir de base para unha ampla reflexión sobre a cuestión enerxética". Pídese á administración que fomente "unha distribución xusta dos distintos impactos das instalacións entre a poboación local" e fai fincapé "na participación dos donos do territorio onde se instala e afecta a tecnoloxía renovable"
- Análise
- Economía
O temor a unha nova crise bancaria regresa dez anos despois da caída das caixas en Galicia
A caída do Silicon Valley, o rescate doutros dous bancos nos EUA e o colapso do Credit Suisse disparan o medo ao cumprirse unha década da desaparición de Novagalicia tras a fracasada fusión das caixas, símbolo negro da anterior tormenta financeira en Galicia. Expertos consideran que a crise actual ten "pouco en común" coa de 2008.
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os salarios aumentaron un 2,7% en Galicia na fin de 2022, dous puntos por baixo da media do Estado e moi lonxe da suba do IPC
O custo salarial por traballador e mes situouse en Galicia nos 2.036 euros e no conxunto do Estado nos 2.268 euros. Os datos do cuarto trimeste do pasado ano sitúan a Galicia como o segundo territorio do Estado no que os salarios aumentaron en menor medida. A suba do 2,65% só supera á de Murcia (+1,02%) e está moi lonxe da media (+4,72%)
Tras perder 62 millóns en avais na última década a Xunta quere dalos tamén a empresas non asentadas en Galicia
O Goberno galego reforma o decreto que regula o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para que poida avalar tamén a empresas foráneas “que requiran garantías financeiras ou técnicas para as súas relacións comerciais e/ou operativas con empresas galegas”
A Comisión Europea propón 1,2 millóns de euros para axudar 303 traballadores de Alu Ibérica a atopar traballo
O executivo comunitario xustifica a axuda polo tamaño da factoría pechada “nun territorio no que o 93 % das empresas teñen cinco ou menos empregados”
Pánico na banca: o colapso de Credit Suisse crea alarma global sobre a saúde do sistema financeiro
Credit Suisse perdeu en tres días un 32% do seu valor, o que equivale a máis de 3.500 millóns e arrastra a toda a banca mundial. Nos últimos días, as caídas dos principais bancos españois van do 17% do Sabadell ao 9% de Caixabank. A retirada de apoio do principal accionista do banco suízo, Arabia Saudita, é o enésimo capítulo negro da entidade despois de que a clientela retirase uns 124.000 millóns tras unha infinidade de escándalos