Economía
CC.OO. e UGT centran na crise ecónomica e nos recortes a súa mensaxe do 25 de xullo
A declaración conxunta denuncia que a Xunta "permanece impasible diante do desmantelamento de sectores estratéxicos da economía galega". Tamén alertan "do avance imparable da pobreza en Galicia" e do "ataque e desmantelamento dos servizos públicos"
Os afectados polas preferentes ameazan con 'quitarlle' 1.200 millóns a Novagalicia
As plataformas galegas deciden "unanimemente" facer unha retirada masiva de cartos da entidade como medida de presión. "Podemos poñer o banco en serios problemas", din, e animan a cidadanía a unirse á protesta.
Os estafados polas preferentes acordan retirar todos os aforros de Novagalicia Banco
Serían ao redor de 1.200.000 euros. A coordinadora de afectados decide manifestarse en Sanxenxo ante Rajoy e baralla a posibilidade de designar un representante no consello de administración, ao representar case o 10% do capital.
PSdeG e AGE piden que compareza MAFO tras confirmar a "gran mentira" do PP coas caixas
Reclaman a presenza do ex gobernador do Banco de España na comisión de investigación do Parlamento logo de que a súa resposta escrita "evidenciase que Feijóo forzou unha fusión que acabou co sistema financeiro galego”.
O Goberno recorre o 'tax lease' pero non pide a suspensión cautelar da devolución
Decide acudir á Xustiza europea logo da xuntanza mantida polo ministro Soria coas comunidades autónomas, as empresas e os sindicatos.
O BNG insiste nunha tarifa eléctrica galega
Presentarán unha iniciativa para elminar a penalización na factura da luz e impulsar as enerxías renovábeis nun país que "produce entre un 30% e un 40% máis do que produce", pero no que os seus habitantes pagan "máis que os madrileños".
A Xunta destrúe case catro de cada dez empregos que se perden en Galicia
A Administración galega é "a que máis se beneficia da reforma laboral", segundo denuncia CCOO, que advirte de que concentra o 37% dos empregos perdidos no país.
A igualdade de xénero tamén caduca cos convenios colectivos
Os acuerdos colectivos nas empresas ou sectores inclúen tamén as cláusulas para evitar a fenda salarial, a segregación ocupacional ou as melloras para garantir a conciliación.
"A Lei de cadea alimentaria evidencia as miserias de Galicia e do seu goberno"
Malia as promesas do PPdeG e de Feijóo, a lexislación seguirá permitindo vender leite por baixo dos custos de produción. Roberto García, secretario xeral de UUAA, amosa a súa "decepción" coa Xunta e lamenta o "escaso peso" que Feijóo ten en Madrid.
Alemaña: "os parados deberían aforrar en carne e vender os seus mobles"
As recomendacións están nun impreso da axencia nacional de emprego. O subdirector da axencia cre que é un documento “estupendo”.
Medalha de latão para os trabalhadores e trabalhadoras de Vigo
Joana Marinha