O respiro da Semana Santa non agocha o aumento da precariedade e a exclusión en Galicia
Nove de cada dez contratos asinados en marzo son temporais e dos 1.636 parados menos, 1.370 correspóndense co sector servizos. Case 125.000 galegos carecen de prestación.