Pemex asina a compra do estaleiro Barreras
A petroleira mexicana firma coa empresa galega a carta de intencións que confirma o acordo. A compañía azteca achegará a maioría dos 10 millóns de euros que se inxectarán no estaleiro e farase co 51% das accións.