Milleiros de afectados polas preferentes dinlle "non ás quitas" en Vigo
Unha gran marcha reúne na cidade colectivos de aforradores de toda Galicia que contan co apoio de diferentes representantes sociais, políticos e sindicais.
Unha gran marcha reúne na cidade colectivos de aforradores de toda Galicia que contan co apoio de diferentes representantes sociais, políticos e sindicais.
Uns 2.000 traballadores saen á rúa e cortan o tráfico en Ferrol denunciando a tráxica situación dos estaleiros e acusan a FEijóo de "xogar coas familias e co futuro da xente" tras volver de México sen compromiso ningún para o seu sector.
A familia Tesch, unha das maiores fortunas do principado, pagou 32 millóns polo 7% da compañía, ademais dunha comisión de case 4 millóns para o intermediario. O paquete de accións vale hoxe 20 millóns menos.
A débeda dos municipios galegos aumentou case un 20% en apenas un ano. Todas as cidades incrementan a súa débeda agás Pontevedra, Lugo e Ourense, mentres 58 concellos non deben nada
Case dúas de cada dez casas (18,6%) están deshabitadas no país, fronte á media estatal do 13,7%. Ourense e Lugo son as provincias con máis inmobles onde non vive ninguén.
Tres novas sentenzas condenan a Novagalicia a devolver máis de 100.000 euros. Juan José Barreiro, avogado nos tres casos e experto en dereito bancario, advirte do aumento de demandas e agarda máis en canto os afectados "comproben que as quitas son maiores".
O BNG presenta mocións nos concellos galegos para declarar "persoas non gratas" aos parlamentarios populares que "avalaron o atraco sobre os aforros de milleiros de galegos".
En 1995, Fraga salvou Fernández de Sousa dun intento de compra da compañía coa inxección de 42 millóns de euros. A Xunta comeza a desmarcarse do presidente, apelando á Pescanova “de sempre”
O Consello Galego advirte dos "desequilibrios e claras anomalías" dun mercado no que os gandeiros son vítimas da industria e pide nun informe medidas contra as "prácticas abusivas".
O BCE cre que o Fondo de Garantía de Depósitos non debe destinar diñeiro a darlle liquidez ás accións de Novagalicia Banco que recibirán os afectados logo da quita.
A compañía asegura que o fixo "con importantes perdas" e "para achegar liquidez".