MAFO bota balóns fóra e culpa da crise a PP e PSOE
O ex gobernador do Banco de España lava as mans e non dubida en louvar o labor do supervisor financeiro e en cargar contra os executivos de Aznar, Zapatero e Rajoy.
O ex gobernador do Banco de España lava as mans e non dubida en louvar o labor do supervisor financeiro e en cargar contra os executivos de Aznar, Zapatero e Rajoy.
O ex secretario de Estado de Economía pide depurar "responsabilidades concretas", pero defende a reestruturación bancaria, que "é e era a correcta", e a saída a Bolsa de Bankia porque era "un proxecto atractivo".
A central nacionalista, que trasladará a proposta o vindeiro xoves nunha xuntanza entre os tres secretarios xerais, aposta por un calendario de mobilizacións de cara a un paro cuxo anuncio "debería facerse de forma inminente".
O vicepresidente da Comisión Europea lembra que o Estado deberá resolver os custos de compensar os clientes por riba do que prevé a normativa da UE.
O ministro de Economía descarta a intervención e pide acabar coa "irracionalidade" dos mercados con actuacións "específicas" que van máis aló dos Goberno. "España xa fixo todo o que tiña que facer", asegura no Congreso, tras anunciar unha reforma legal para as preferentes e dar o visto e prace á arbitraxe.
¿Hai risco de rescate para Galicia?, iso é o que se pregunta o blog galego de análise económica A Furada do Trasno, xusto cando Valencia solicita axuda ao fondo estatal, algo que tamén fará Murcia. A bitácora especializada lembra que a débeda galega medrou 1.000 millóns por ano co actual Goberno do PP, máis que con Touriño e con Fraga.
Os afectados insisten en rexeitar a arbitraxe ofrecida por Novagalicia Banco e esixen unha "solución política e colectiva" e a devolución íntegra do 100% dos seus cartos. Os convocacados cualifican o "éxito" da manifestación como unha "derrota para Feijóo e para os banqueiros aos que lles dá ordes".
Tamara Guirao, galega de intachable currículo emigrada en Francia, é unha das moitas caras do drama da mocidade galega, que marcha do país na busca das oportundidades que se lle negan na terra. “En España non me daban traballo por estar sobre cualificada”, aclara. No primeiro semestre do ano, abandonaron Galicia máis de 9.000 persoas, case tantas como en todo 2010.
A forza de repetilos, hai demasiados tópicos que acaban prendendo no imaxinario colectivo. Un dos que hoxe parecen máis indiscutibles para o cidadán medio é que o sistema de pensións de xubilación español é economicamente inviable
A Generalitat confirma que vén de solicitar a súa adhesión ao mecanismo de liquidez autonómica aprobado polo Goberno central. Montoro nega que Valencia estea intervida, pero os investidores non dan tregua a España. O bono español a dez anos mantén un interese superior ao 7%.