Afectados galegos denuncian na UE a "estafa" das preferentes
Os colectivos da Coruña e Vigo levan o conflito a Bruxelas ante a falta de resposta política e xudicial en Galicia e no Estado. Acoden á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que se "abra unha investigación" e se "depuren responsabilidades políticas e penais".