Novagalicia Banco demanda ex directivos polas súas millonarias indemnizacións
Emprende accións legais para depurar responsabilidades e engádese á denuncia da Fiscalía para "defender os intereses" da entidade.
Emprende accións legais para depurar responsabilidades e engádese á denuncia da Fiscalía para "defender os intereses" da entidade.
CIG, CCOO e UGT concéntranse ante as sedes empresariais de Galicia denuncian que a reforma laboral está a causar "a paralización e eliminación do marco de negociación colectiva construído nos últimos 35 anos", o que empeora as condicións dos traballadores.
Mario Draghi advirte que haberá "condicionalidades estritas" e que o Banco Central Europeo compraría bonos de entre un e tres anos e sen límite de cantidade. Rajoy non se dá por aludido e asegura que non hai novidades sobre a petición de rescate e que Merkel non lle esixiu axuste ningún.
A FAO afasta o risco dunha nova crise alimentar como a de 2008 pero pide non baixar a garda porque segundo o director xeral do organismo "o xogo non rematou".
O Goberno central afronta un día clave no que o BCE decidirá se compra débeda española, a chancelera alemá visita a Moncloa e o Tesouro Público tentará captar até 3.500 millóns en bonos.
A compañía inclúeos entre os funcionarios aos que se lle aplican as medidas de recorte aprobadas mediante decreto lei
O comité de empresa de Navantia denuncia que os quimiqueiros que a Xunta dixo que se construirían en Galicia foron adxudicados xa en Corea. "Os gobernos do PP menten até a saciedade", critican, tras advertir da "dramática" situación do naval.
O Goberno galego xustifica o incremento do imposto do valor engadido polo carácter "extraordinario" da situación económica e gábase ao tempo de "non subir impostos"
O número de desempregados baixa en 2.931 persoas na comunidade, que acumula un incremento interanual do 14,6% fronte ao 12% do Estado, onde os parados aumentaron en máis de 38.000 no mes de agosto e suman xa 4,62 millóns.
Diversas plataformas asumen que boa parte dos estafados están optando pola vía recomendada pola Xunta a pesar de non estar de acordo con ela e ante o temor a unha vía xudicial "longa e dura" e unhas quitas que poden superar o 70%. As peticións de arbitraxe en Galicia ascenden a 13.300.