Economía
Os prezos mundiais dos alimentos estabilízanse en agosto
A FAO afasta o risco dunha nova crise alimentar como a de 2008 pero pide non baixar a garda porque segundo o director xeral do organismo "o xogo non rematou".
Rajoy pedirá compaixón a Merkel para evitar un duro rescate nun día decisivo
O Goberno central afronta un día clave no que o BCE decidirá se compra débeda española, a chancelera alemá visita a Moncloa e o Tesouro Público tentará captar até 3.500 millóns en bonos.
A nai de todas as fraudes
Ana Luísa Bouza
Os traballadores de Navantia quedan sen paga extra de Nadal
A compañía inclúeos entre os funcionarios aos que se lle aplican as medidas de recorte aprobadas mediante decreto lei
O globo de Pemex desínflaselle a Feijóo a pouco das eleccións
O comité de empresa de Navantia denuncia que os quimiqueiros que a Xunta dixo que se construirían en Galicia foron adxudicados xa en Corea. "Os gobernos do PP menten até a saciedade", critican, tras advertir da "dramática" situación do naval.
A Xunta asume o argumentario de Rajoy para defender a suba do IVE
O Goberno galego xustifica o incremento do imposto do valor engadido polo carácter "extraordinario" da situación económica e gábase ao tempo de "non subir impostos"
O paro descende un chisco en Galicia no mes de agosto
O número de desempregados baixa en 2.931 persoas na comunidade, que acumula un incremento interanual do 14,6% fronte ao 12% do Estado, onde os parados aumentaron en máis de 38.000 no mes de agosto e suman xa 4,62 millóns.
Os afectados polas preferentes inclínanse pola arbitraxe malia renegar dela
Diversas plataformas asumen que boa parte dos estafados están optando pola vía recomendada pola Xunta a pesar de non estar de acordo con ela e ante o temor a unha vía xudicial "longa e dura" e unhas quitas que poden superar o 70%. As peticións de arbitraxe en Galicia ascenden a 13.300.
A austeridade alimenta a recesión
Xoán Antón Pérez-Lema
A suba do IVE, unha nova "lousa" para os autónomos
As asociacións e colectivos que agrupan estes traballadores amósanse moi críticos coa xestión de Mariano Rajoy e auguran un futuro negro para estes profesionais e pequenos negocios. Nos primeiros seis meses do ano o número de altas de autónomos en Galicia foi de case vinte mil persoas, moitos deles desempregados que buscaron emprender unha iniciativa laboral pola súa conta.
O Goberno confirma que os afectados polas preferentes terán que asumir as perdas dos bancos
O Consello de Ministros aprobou o decreto de reforma financeira, que acata as condicións impostas pola Comisión Europea, entre elas a que limita ao prezo de mercado máis o 10% o que pode ofrecer polas participación preferentes. Os afectados comezan a recorrer de forma masiva á arbitraxe, xa con máis de 11 mil peticións.