O Goberno desenténdese dos afectados polas preferentes, aos que só lles quedará a vía xudicial
A reforma financeira que aprobará o Consello de Ministros permítelle ao Estado pagar polos títulos só o prezo de mercado, polo que os milleiros de aforradores galegos poderían perder a metade do capital retido polos bancos. Ademais, a reforma impide que os afectados lle reclamen á entidade ou ao FROB.