"Cada vez é máis urxente que apostemos por saír do capitalismo"
Carlos Taibo vén de participar nunha palestra en Santiago na que se analizaron as alternativas á precariedade e ao desemprego actual no Estado e en Galicia. O escritor, profesor e editor galego aposta por "crear espazos de autonomía con regras de xogo diferentes ás do sistema" e recoñece o seu "receo xeral pola vida política cotiá e convencional dos partidos e das eleccións".