De Guindos di que non haberá rescate e volve pedir axuda ao BCE
O ministro de Economía descarta a intervención e pide acabar coa "irracionalidade" dos mercados con actuacións "específicas" que van máis aló dos Goberno. "España xa fixo todo o que tiña que facer", asegura no Congreso, tras anunciar unha reforma legal para as preferentes e dar o visto e prace á arbitraxe.