Economía
Rajoy "dinamiza" o aluguer de vivenda con desafiuzamentos máis rápidos
O ministerio de Fomento reducirá ao "mínimo imprescindible" a intervención xudicial para desaloxar un inquilino que non poida pagar a renda do piso no que vive e aplicará a "liberdade" para subir os prezos por riba do IPC
Primaveras
Juan Carlos Fernández Naveiro
De Guindos acelera o final de Novagalicia Banco
As novas esixencias de blindaxe ante o ladrillo obrigan a NCG Banco a captar uns 1.000 millóns máis e a explicar antes de xullo como o fará. A premura imposta polo Goberno central e a preferencia do Banco de España pola poxa pechan aínda máis as portas a un futuro en solitario para a entidade.
Galicia sumou 20.000 parados en 2011 malia investir máis de 326 millóns en políticas activas de emprego
A autonomía dedicou 1.428 euros por parado ás políticas destinadas á recolocación no mercado laboral dos desempregados, 420 euros máis por persoa que a media estatal
CIG e ELA levarán ante os tribunais os "responsables políticos da crise"
Os sindicatos galego e vasco denunciarán ao gobernador do Banco de España e aos dirixentes dos gobernos "pola súa responsabilidade na grave situación financeira do Estado"
O naval maniféstase en Vigo antes da gran marcha do sábado
Uns 2.000 traballadores piden apoio á cidadanía para que a vindeira mobilización sexa "un clamor" e censuran a "incompetencia" da Xunta ante os problemas do sector
Nova Axencia Tributaria e 20 millóns de orixe descoñecida
A Xunta comeza a concretar, case dous anos despois de anunciala, a transformación da Dirección Xeral de Tributos nunha axencia sen máis competencias coa que, asegura, recadará un 20% máis de impostos sen ter que incrementalos
"O Estado axuda os grandes banqueiros e non os cidadáns"
Joan Antoni Melé, considerado un dos mellores coñecedores so sistema financeiro no Estado, vén de dar unha conferencia en Compostela. Subdirector en España de Triodos, unha das entidades de banca ética máis importante do mundo, defende a filosofía da súa marca e advirte dos perigos da reestruturación financeira que está a levar a cabo o Goberno.
O Goberno, disposto a nacionalizar Bankia
O novo presidente da entidade, Gorigolzarri, pedirá a entrada do Estado no capital do banco. A operación consistiría en converter a axuda de 4.500 millóns do FROB en accións. A dúbida é se o Executivo nacionalizará o banco malo ou a matriz de Bankia.
A creación de empresas en Galicia cae o dobre que no Estado
O número de sociedades mercantís creadas no país descende un 12,6%, unha taxa que duplica o descenso en España (6,3%)
O persoal da Xunta xa sofre o recorte nas baixas por enfermidade
Entra en vigor a tesoirada aos complementos por incapacidade temporal para todos os traballadores públicos de Galicia, reducidos ata o 60% nas segundas baixas e eliminados nas terceiras