Os traballadores galegos gañan cada vez menos malia choiar cada vez máis
O informe do Consello Galego de Relacións Laborais destaca a "parálise" da negociación colectiva por mor da crise e a perda de poder adquisitivo dos cidadáns. O incremento salarial en 2011 foi do 2,8% fronte ao 1,5% do primeiro semestre de 2012.