Os produtores en ecolóxico alertan de que a decisión da Xunta de non rectificar a perda de axudas "é un golpe para todo o rural"
A Plataforma de Produtores de ecolóxico de Galicia esixe ao Goberno galego unha solución para as 300 explotacións que ficaron excluídas por mor dun erro do Executivo. Cualifica de "incomprensible" a actitude da Xunta e apela ás alcaldías do rural, nomeadamente do PP, "para que se poñan a carón dos produtores e veciños"