O PP vota alcaldías do BNG en Mondariz e Catoira e o PSdeG propicia a dos populares en Fene
En Ribadavia a alcaldía recaeu no PP ao votar a súa propia candidatura e non a do PSdeG os edís de Ribeiro en Común
En Ribadavia a alcaldía recaeu no PP ao votar a súa propia candidatura e non a do PSdeG os edís de Ribeiro en Común
A nova rexedora socialista resalta a ruptura dun "teito de cristal" que supón a súa chegada á alcaldía e afirma que haberá "continuidade naquilo que se fixo ben" entre chamadas ao diálogo ás portas das negociacións para procurar maiorías de goberno
Lores ponse á fronte da coalición de BNG e PSdeG resaltando que o groso do modelo urbano de Pontevedra está xa implantado: "Remataron os tempos do máis e chegan os tempos do mellor", afirma. O goberno de coalición mantén entre as súas liñas políticas a "oposición frontal á permanencia de ENCE na marisma de Lourizán"
A rexedora reclama do resto de administracións que poñan fin ás “escusas que se utilizan de xeito constante para frear o desenvolvemento da Galicia interior”
Dende 1983 a esquerda non gobernaba a cidade en dous mandatos consecutivos; desta volta o socialista Ángel Mato substitúe a Jorge Suárez, de Ferrol en Común, á fronte da alcaldía. FeC e BNG manifestaron a súa disposición a entrar no Goberno e Mato xa avanzou que non desexa gobernar en solitario
Tras a dimisión da candidata Elena Muñoz ao obter só 4 edís, a dirección dos populares impuxo como novo portavoz na oposición ao número 20 da candidatura
O socialista presenta o Xacobeo 2021 como “o gran reto deste mandato”, durante o que se converterá no rexedor máis lonxevo do último século na cidade, superando ao seu antecesor Xerardo Estévez
A chegada de Jácome ao Concello de Ourense sería incomprensible sen a súa canle de televisión e, sobre todo, sen a súa principal bandeira: zorregar sen piedade nos Baltar, que lle veñen de dar a alcaldía sacrificando a Jesús Vázquez e sen oposición de Feijóo, que en campaña considerou "letal" que o líder de DO puidese chegar ao poder
Socialistas e nacionalistas chegan ás investiduras de Lara Méndez e Miguel Anxo Fernández Lores coas liñas xerais dos seus pactos de goberno xa asinadas. Rubén Arroxo e Tino Fernández ostentarán as Tenencias de Alcaldía nos novos gabinetes
Democracia Ourensana, terceira forza da corporación ourensá, obterá este sábado a alcaldía grazas aos votos do PP, que obtén a cambio o compromiso de que os de Jácome sosteñan a maioría do baltarismo na Deputación
Tras a anterior maioría absoluta do BNG, o 26M deixou os nacionalistas como forza máis votada pero empatada a 3 concelleiros co PSdeG, ao que ofreceron un pacto de goberno, e PP, que reclama o apoio dos socialistas
Os acordos entre partidos para alternarse o bastón de rexedor nun mesmo mandato tiveron resultados dispares en Galicia tras acadarse en ocasións en circunstancias extraordinarias como tras unha condena por abuso sexual